publicidade hoxe

La Pepita Burger Bar e Cervexa Artesanal Nós, gañadores do Premio Novo Empresario e Mozo Emprendedor 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+

La Pepita Burger Bar e Cervexa Artesanal Nós Nós foron os gañadores da oitava edición do Premio Novo Empresario e Mozo Emprendedor 2013, respectivamente. Respecto ao vencedor do Premio Novo Empresario, La Pepita Burger Bar, o xurado valorou que se trata dun negocio de éxito, grazas á súa formulación de partida e posterior desenvolvemento, creado por Santiago Salgueiro, profesional procedente da hostalaría, con ampla experiencia na dirección de establecementos hostaleiros tanto en España como no estranxeiro. La Pepita, ademais, soubo aplicar os produtos da cociña galega ás hamburguesas gourmet e dispón de potencial de futuro. Ademais do trofeo que o acredita como vencedor, Salgueiro recibiu como premio, unha campaña de promoción para o seu negocio valorada en 2.500 euros.

O proxecto emprendedor de Raúl Méndez, Cervexa Artesanal Nós, trátase dunha iniciativa que pretende impulsar o método tradicional de elaborar cervexa en Galicia, tal e como facían os monxes na Idade Media e aproveitarse da excelente calidade da auga galega para levalo a cabo con éxito. Até a data, este emprendedor fabricaba cervexa para autoconsumo pero decidiuse a dar o salto cun produto 100% natural sen aditivos externos. Ademais do trofeo, Méndez recibiu como premio un Ipad de última xeración.

O accésit de Calidade foi para O Agocho, polo seu compromiso coa excelencia á hora de atender o lecer infantil en Vigo. Ademais do diploma acreditativo, recibiu un tour virtual do negocio e un servizo de posicionameinto en redes. O accésit de Innovación recolleuno The Nude Design, unha empresa especilizada en deseño de mobiliario que no último ano impulsou unha colección que o cliente pode personalizar, facendo de cada un dos seus proxectos unha aposta pola innovación. Ademais do diploma, esta empresa recibiu como premio un servizo de asesorameinto especializado por un ano de duración. Por último, o accesit á Responsabilidade Social Empresarial (RSE) recaeu en Koala, empresa ublicada no Porriño, que elabora produtos para o viño e o 90% deles, con patentes e deseños industriais a nivel internacional. Koala recibiu o diploma acreditativo deste accésit ademais dun curso de habilidades profesionais para empresarios.

O acto, que contou con 200 asistentes, celebrouse esta tarde na Estación Marítima de Vigo e contou coa presenza da delegada territorial da Xunta, María José Bravo Bosch, así como o presidente do Porto, Ignacio López Chaves. Nos discursos de ambos os así como no do presidente de AJE, Rubén Hermida, primou a idea de seguir creando novos proxectos que non só compitan no mercado nacional senón que dean o salto e aposten por un futuro internacional.  

19 de decembro de 2013 | 12:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.