publicidade hoxe

José Paz Gestoso convértese en responsable da Xerencia de Turismo da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A xunta de goberno do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, reunida esta mañá en sesión extraordinaria, aprobou por unanimidade o nomeamento de José Paz Gestoso como novo xerente do organismo, unha vez finalizado o proceso selectivo ao que optaron 10 candidatos e tras superar todas as probas selectivas e quedar como único candidato.

A proposta do nomeamento de Paz Gestoso foi elevada pola presidenta do Consorcio de Turismo e Congresos, Luisa Cid, e aceptada por todos os membros do organismo, quen valoraron moi positivamente a dilatada traxectoria profesional de José Paz Gestoso así como o seu excelente coñecemento do sector turístico.

José Paz Gestoso (maio,1970) é licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago, foi director do Centro Superior de Hostalaría de Galicia entre 2007 e 2009, así como responsable do Instituto de Estudos Turísticos de Galicia desde 2009 até xuño de 2012, cando se incorpora á dirección do Plan Xacobeo, cargo que ocupaba até agora.

Unha vez aprobado o nomeamento polos membros da xunta de goberno, o  novo xerente do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña tomará posesión do seu posto nos próximos días.

5 de decembro de 2013 | 19:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.