José Luis Méndez augura “noticias positivas” sobre a crise do PSOE en Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurense
A-
A+

O voceiro parlamentario do PSdeG, José Luis Méndez Romeu, prognosticou este venres que “pronto” haberá “noticias positivas” sobre a crise aberta no seo do equipo de goberno en Ourense.

Ademais, tras ser preguntado ao respecto polos medios de comunicación, incidiu en que os “problemas de organización” se deben resolver “mediante o diálogo”.

Para resolver o asunto, o dirixente socialista remarcou que o seu partido goberna en Ourense tomando “decisións importantes que benefician aos cidadáns” e que “así vai continuar sendo”.

A súa apelación ao diálogo prodúcese despois de que a secretaria de Organización do PSdeG, Pilar Cancela, optase por esta mesma vía na reunión coa executiva socialista, aínda que non sen advertir de que tomaría medidas disciplinarias en caso de ser necesarias.

20 de decembro de 2013 | 17:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.