Jatay Sportwear patrocina a canteira laranxa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurela
A-
A+

Jatay Sportwear aposta polo deporte de base patrocinando ao equipo cadete do CD Burela FS Pescados Rubén durante as tempadas 13/14 e 14/15. Ademais ofrece aos socios do club a oportunidade de gozar dun 20% de desconto nas súas tendas de Burela, Ribadeo e Luarca. Desconto non acumulable a promocións en vigor.

O presidente do club, Manuel Blanco, visitou a tenda de Jatay Sportwear de Burela acompañado dos xogadores laranxas; Aarón e Mini, para agradecer a implicación de Jatay co deporte base á coordinadora de tendas; Elena Armada e a responsable en Burela, Cristina Gómez.

A tenda de Jatay Sportwear Burela, situada na céntrica Praza dá Mariña de Burela, abriu as súas portas o 14 de maio de 2011 para ofrecer unha gran variedade de estilos en roupa e calzado masculino. Jatay Sportwear é unha tenda dinámica e alegre que sempre está en contínua evolución para mostrar o mellor da tempada, a prezos moi competitivos.

Nenos, adolescentes e adultos atoparán en Jatay o seu estilo, tanto en roupa deportiva e informal como para as súas mellores ocasións. Entre outras marcas, en Jatay Sportwear terás firmas de calidade como Jack & Jones, Outfitter Nation, Selected…

11 de decembro de 2013 | 17:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.