Isabel Picos Díaz e Julia Díaz Yáñez gañan o I Concurso de Doces de Neda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+
Doce gañador

Doce gañador

Isabel Picos Díaz e Julia Díaz Yáñez resultaron gañadoras do I Concurso de Doces celebrado no día de onte no transcurso da xornada de clausura do III Mercado de Nadal de Neda. A primeira, alzouse con premio ao mellor postre, namentras que a segunda logrou o galardón ao doce máis saboroso. Ambas recibiron un vale valorado en cen euros para encher o carro da compra en establecementos da localidade. Nesta liña, a concelleira de Promoción Turística, Montse Rico, valorou moi positivamente a afluencia de visitantes que, entre o venres e o domingo, recibiu o Mercado de Nadal, especialmente grazas á ausencia de choiva que, noutras edicións, acompañou a cita. Un Mercado que, ano tras ano, se está a consolidar no calendario festivo da comarca e que o Concello prevé reeditar no 2014.

16 de decembro de 2013 | 12:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.