publicidade hoxe

Inícianse as obras para estender o saneamento a tres novos lugares de Castroagudín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

Operarios da empresa Repoboacións e Desbroces do Noroeste comezaron onte os traballos de ampliación da rede de saneamento en Castroagudín. A concelleira de Obras e urbanismo, Ana Granja, e o edil de relacións veciñais, Manuel Méndez, desprazaranse este mediodía ata o lugar onde de están desenvolvendo os traballos que teñen como obxectivo estender o alcantarillado a tres novos lugares de Castroagudín. Acompañaranos directivos da Comunidade de Montes de San Pedro de Cea, entidade que colabora no desenvolvemento do proxecto.

Os edís do goberno supervisarán os traballos que comezaron nas inmediacións do Centro Socio Cultural que nos que se investirán 36.321 euros. Coa actuación, o servizo municipal de alcantarillado chegará á rúa Castiñeiros, ás inmediacións do centro socio cultural de Castroagudín e á zona do bombeo de Os Piñeiros. O proxecto prevé a instalación nas tres zonas de colectores de PVC, pozos de rexistro e a conexión á rede xeral.

Con esta obra, o Concello pretende cubrir a totalidade da demanda de servizos básicos existentes nas zonas do rural menos poboadas ou que nos últimos anos sufriron un crecemento demográfico coa construción de novas vivendas.

13 de decembro de 2013 | 17:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.