publicidade hoxe

Imputados dous presuntos autores de incendios forestais no concello coruñés de Rois

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocalLocal PortadaPadrónRoisSucesos
A-
A+

A Policía Autonómica vén de informar da imputación de dúas persoas como presuntas autoras de outros tantos incendios forestais ocorridos no concello coruñés de Rois.

Axentes da Policía Autonómica en Santiago, en colaboración con axentes da Brigada de Investigación de Incendios Forestais do Distrito IV, procederon a imputar a un home como presunto autor dun incendio forestal na parroquia de Urdilde.

O lume ocorreu a semana pasada, a raíz dun escape dunha queima de restos forestais e lixo doméstico na que non se adoptaron as medidas de prevención necesarias e arrasou 1.600 metros cadrados de superficie arborada.

Doutra banda, os axentes composteláns tamén imputaron a unha muller como presunta autora dun incendio forestal na parroquia de Buxán o martes pasado. O lume arrasou 1.000 metros cadrados de monte e estivo tamén por unha queima incontrolada na que non se respectaron as medidas de seguridade preceptivas.

En ambos casos, as dilixencias do suceso foron elevadas ao Xulgado de Instrución de Garda de Padrón. Con estas últimas, xa son 113 as persoas detidas pola Policía Autonómica como presuntos autores de incendios forestais en Galicia.

6 de decembro de 2013 | 13:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.