III Memorial Bernardo Pou de fútbol sala en Marín
Os días 28 e 29 de decembro celébrase no Pavillón da Raña o III Memorial Bernardo Pou de fútbol sala.
Trátase dun torneo no que se enfrontan os distintos equipos mariñense entre sí e ante rivais cercanos á nosa xeografía. Participan varias categorías tendo especial protagonismo o deporte base.
En categoría senior contarase coa presenza dunha selección formada por xogadores da Asocisación Galega de Xogadores de Fútbol Sala.











