publicidade hoxe

III Concurso de karaoke en Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioXove
A-
A+

O programa de Nadal do Concello continua a súa marcha, tendo lugar, mañá sábado 28 de decembro, un dos pratos fortes deste amplo programa de actividades coa celebración da terceira edición do CONCURSO DE KARAOKE, que se vai desenvolver a partires das 21:30 horas  no Pavillón Municipal de Deportes de Xove, esperando que, coma o pasado ano, o público encha este emblemático recinto municipal.

Este Concurso presenta tres categorías: PEQUES para menores de 12 anos; IUNIOR de 12 anos ou máis e menores de 18; VETERANOS para  maiores de 18 anos. A inscrición neste Concurso é totalmente gratuita. A inscrición vai estar aberta mañá, día de celebración do Concurso, en horario de 17:00 a 19:00 horas no Pavillón Municipal, para os que inda queiran apuntarse.

Nestes intres o persoal do Concello está a traballar arreo para que mañá o Pavillón esté a punto e  reluzca coas suas mellores galas.

Os participantes das distintas categorías tamén terán mañá, antes do concurso en horario de 17:00 a 19:00 h., a oportunidade de ensaiar a canción que presenten, iso sí,  a orde de ensaio vaise facer tendo en conta a orde de inscrición.

27 de decembro de 2013 | 14:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.