II Encontro interxeracional de panxoliñas en Lousame

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+

A partir do martes 17 de decembro terá lugar no Concello de Lousame o II Encontro interxeracional de panxoliñas, no que participarán o grupo de maiores do Taller de Memoria de Tállara e os nenos e nenas do Punto de Atención á Infancia e da E.I. Sanguiñal de Tállara.

O encontro comezará na gardería (ás 11:15 horas) para seguir máis tarde na escola infantil (ás 12:15), as alumnas do Taller de Memoria levarán a cabo un pequeno concerto de panxoliñas acompañándose de instrumentos tradicionais como pandeiretas, cunchas, botellas, etc.. Deseguido os rapaces e rapazas interpretarán tamén unha panxoliña e terán ocasión de manexar e coñecer os instrumentos empregados polas persoas maiores.

Trátase dunha actividade de intercambio entre dúas xeracións moi afastadas en idade pero coas mesmas ganas de compartir un tempo lúdico mediante a interpretación de algo tan propio destas datas como son as panxoliñas. Para rematar a xornada o grupo achegarase tamén ata o Centro de Día (13:15 horas) para compartir cos maiores as súas cancións.

16 de decembro de 2013 | 18:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.