publicidade hoxe

II Camiñada Solidaria Valença-Tui

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

O próximo domingo, 29 de decembro, ás 10.30 horas españolas, dará comezo a II Camiñada Solidaria Valença-Tui, organizada polo Club AndaTui Rego da Pedra, en colaboración co Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença, e con apoio dos Bombeiros Voluntarios de Valença.

Esta segunda edición terá a súa saída dende a porta de entrada a muralla da Avda. dos Combatentes de Valença (a máis próxima ao antigo campo da feira), e como o ano pasado, ten xeito solidario, xa que cada participantes deberá achegar alimentos non perecedoiros ou xoguetes que serán doados as ONGs locais.

Dende o Concello de Tui felicitan ao Club AndaTui Rego da Pedra por esta iniciativa solidaria, así como animan a tódolos cidadáns da Eurocidade a participar na camiñada.

23 de decembro de 2013 | 17:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.