I Xornadas de Xogos Tradicionais Vila de Marín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesMarín
A-
A+

O vindeiro día 2 de xaneiro, o Concello de Marín organizará as I Xornadas de Xogos Tradicionais Vila de Marín, que se celebrarán no Pavillón do Sequelo e nos alrededores. O obxetivo destas xornadas e dar a coñecer o clásicos xogos de sempre, onde os máis nostálxicos poderán votar un ollar ó pasado e os máis cativos poderán coñecer novas alternativas de ocio. Entre outras actividades levaranse a cabo xogos tan enraízados na nosa cultura coma a rá, as bólas, carreiras de sacos, chapas, trompos, aros, etc.

O acceso é libre, o único requisito é doar un xoguete (pode ser perfectamente algún xoguete ou xogo vello ou usado sempre que se atope en bo estado). Trátase dunha inicativa solidaria para que todos os nenos e nenas poidan disfrutar do Nadal e gardar un bonito recordo.

As actividades realizaranse en horario de 11:00 h a 14:00h e en colaboración coa asociación cultural – deportiva Gharaboto.

26 de decembro de 2013 | 18:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.