I Festival de Corais de Nadal 2013 en Gondomar
A Concellaría de Cultura organiza para o vindeiro sábado 14 de decembro, o I Festival de Corais de Nadal 2013 Concello de Gondomar. A actuación, cuxa entrada é libre e gratuíta, terá lugar no Auditorio Lois Tobío ás 20.00 horas e reunirá ao Coro da Agrupación Musical de Vincios e ao Coro de Homes Voces Baionesas xunto co Grupo de Corda Virgen de la Roca, que interpretarán catorce pezas (sete cada un).
Coro da Agrupación Musical de Vincios
O Coro da Agrupación Musical e Vincios comezou a súa andadura na primavera do 2012. Está composto de 40 membros baixo a dirección de Juan Costas, actuou por primeira vez este mesmo ano no C.C. de Vincios. A partires de aí, levou a cabo varias actuacións acompañados pola Agrupación Musical de Vincios; entre elas cabe destacar a súa participación no Auditorio de Nigrán para a recadación de fondos dunha Organización de Axuda Pro Sáhara.
No seu repertorio do sábado interpretarán as pezas:
– ‘Ríu, ríu, chiu’
– ‘Un paxariño en Belén’
– ‘En Belén’
– ‘Nabuco’
– ‘Meu amor é mariñeiro’
– ‘Cantos de Navidad’
– ‘Navidades Blancas’
Coro de Homes Voces Baionesas e Grupo de Corda Virgen de la Roca
Ambos os dous grupos de Baiona, o Coro de Homes comezou a sua andadura o 28 de Decembro do 2001 e no 2009 uniuse ao Grupo de corda Virgen de la Roca.
Todos eles forman un gran grupo que goza cantando e tocando. Aínda que ningún é profesional da música só pretenden facelo o mellor posible e que a xente que os escoita goce con eles. O director dos dous grupos é Remigio Leyenda Pereira e o do grupo de corda é Jesús Alar Leyenda. Son uns 52 compoñentes entre as dúas agrupacións e contan cun repertorio moi variado: cancións tradicionais galegas, habaneras, vals, zarzuelas, etc.
No seu repertorio do sábado interpretarán as pezas:
– ‘Trae-la gaita e o fole’
– ‘Jota de los reyes’
– ‘Noche de paz’
– ‘María Dolores’
– ‘Foliada de Sarela’
– ‘Elsa’
– ‘Habemos de ir a Viana’











