publicidade hoxe

Habilítanse paneis informativos de velocidade nos accesos ao túnel de Beiramar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

Abel Caballero informou este xoves da súa posta en marcha, tanto na entrada do Berbés como na de Sanjurjo Badía, co obxectivo de sinalar a velocidade dos vehículos á entrada no túnel. Se sobrepasa os límites, o panel informa da velocidade parpadeando ou en cor vermella.

O alcalde de Vigo explicou que son dous os paneis que funcionan, un por cada carril, en cada un dos accesos ao túnel de Beiramar, polo que transitan diariamente sobre 45.000 vehículos. As sinais teñen carácter informativo e non sancionador, e parpadea se se supera o límite de velocidade permitido e ponse en vermello de sobrepasar os 70 quilómetros por hora.

A finalidade municipal é “sinalar a velocidade á que se entra para que se corrixa”, afirmou Caballero, para “darlle o máximo de seguridade posible ao túnel de Beiramar”. O alcalde avanzou que a intención do Concello é instalar paneis informativos de velocidade noutros pasos soterrados da cidade.

85%, boa ou moi boa

Abel Caballero tamén referiuse á calidade da circulación en Vigo, medida seguindo uns criterios técnicos homologados en Europa. O rexedor asegurou que o tráfico é bo ou moi bo no 85% da cidade, sendo regular no 8%, o que constitúe un “índice excepcional” e “un mérito de todos”.

26 de decembro de 2013 | 17:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.