Gran éxito de participación do “I Campus de porteiros” do Santiago Futsal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

Hoxe celebrouse o “I Campus de porteiros do Santiago Futsal” no que participaron case 40 nenos e nenas. Os pequenos pasaron o día con sesións físicas, de vídeo e de manualidades, recibindo a media mañá a visita dos dous porteiros do Santiago Futsal Juanjo Angosto e Raúl Xerez, que charlaron con eles e ensináronlles como traballar para chegar a ser profesionais.

Pola tarde aproveitaron tamén para facer algunha sesión con eles e levaron debuxos feitos polos propios nenos. Para finalizar o Campus, os nenos e nenas recibiron un diploma de participación, así como algúns premios especiais aos porteiros máis destacados.

6 de decembro de 2013 | 22:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.