Gran colaboración na recollida de alimentos en Gondomar
O Concello de Gondomar, e en especial o Departamento de Benestar Social, quere facer chegar o máis profundo agradecemento pola gran labor realizada nas distintas recollidas de alimentos levadas a cabo no municipio pola Galiña Azul, o Centro Cultural de Borreiros, o mercadiño das mulleres de Borreiros e os máis de 400 Papá Noeles moteros que visitaron Gondomar o pasado día 22.
Patricia Durán, concelleira de Benestar Social, recoñece que “iniciativas como estas fannos sentir moi orgullosos da grande solidariedade dos nosos veciños e veciñas e axúdannos a seguir traballando para atender as necesidades dos que máis o necesitan, especialmente nestas datas tan sinaladas”.











