Gondomar homenaxea a Gumersinda Cortegoso no seu 102 aniversario

Entrega dun ramo de flores a Gumersinda polo seu aniversario
O alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, acompañado pola concelleira de Benestar Social e Igualdade, Patricia Durán e a edil de Deportes e Facenda, Natalia Salgueiro, participou na homenaxe que o Concello de Gondomar lle rendeu, onte, 3 de decembro, a Gumersinda Cortegoso Pereira, coincidindo co seu 102 aniversario.
Gumersinda recibiu de mans de Fernando Guitián, Patiricia Durán e Natalia Salgueiro, en representación de todo o goberno municipal, un ramo de flores nun emotivo acto no que tamén estivo presente familia da centenaria.











