publicidade hoxe

Goleada do C.D.Boiro en Barraña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiroDeportes
A-
A+

A calidade de Padín, a velocidade de Hugo Soto e a puntaría de Adrián e Rendo déronlle ao Boiro a vitoria ante a súa afección. Os primeiros minutos foron tranquilos, ambos os conxuntos crearon ocasións, pero as do Boiro eran máis claras. Non sería até o minuto 38 cando Hugo Soto abriu a lata e inaugurou o marcador tras un centro de Pedro García ao que non chegou Iván pero si fíxoo Soto. A partir de aí o Boiro iría de menos a máis, dando moitos avisos pero faltándolle un pouco de puntaría. As ocasións que tiveron os de Victor Santos foron bloqueadas pola saga boirista e Mackay non tivo que esforzarse moito. Co resultado de 1-0 chegaría o descanso, que lle serviría os técnicos para dar novas instrucións aos seus xogadores. Os seguintes 45 minutos foron dominados integramente polo equipo de Gelucho. Mackay zafaría ao Boiro do empate nun par de ocasións pero, a partir do minuto 55 e tras anotar Armental o segundo tanto despois dun pase de Javi Pérez, o xogo do Negreira viuse mermado. Os seguintes tantos chegarían grazas a Rendo e Padín. Rendo anotaría o terceiro tanto no minuto 66 tras rematar un córner, mentres que Padín faríao no 78 tras un espectacular tiro desde fóra da área que bateu a Diego Penas pola escuadra.

FICHA TÉCNICA

CD BOIRO: Mackay, Javi, Rendo, Cardeñosa, Jacinto, Pedro (Bendaña, min. 63), Iván (Alberto, min. 63), Padín, Hugo, Adrián e Anxo (Julián, min. 63). SD Negreira: Diego Penas, Bautista (Jose Mario, min. 73), Diego, Amoedo, Ángelo, Jesús, Toja, García (Adrián, min.15), Diego Otero, Juan (Anxo, min. 58) e Alvarito. Árbitro: David Igrexas, Asistido por Jorge Correira e Chema Merino (C.T. Vigo); amoestou, por parte dos locais a Adrián, e por parte dos visitantes a Bautista.
Campo: Mpal. De Barraña, 400 espectadores.

15 de decembro de 2013 | 20:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.