publicidade hoxe

GKN Driveline formou e insertou laboralmente a 15 estudantes do CIFP de Coia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraVigo
A-
A+
Bravo Bosh na visita a GKN Driveline

Bravo Bosh na visita a GKN Driveline

A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, realizou esta mañá unha visita ás instalacións de GKN Driveline, unha das empresas colaboradoras nos cursos formativos para persoas desempregadas que organiza a Consellería de Traballo e Benestar a través do Centro Integrado de Formación Profesional de Coia (CIFP) e que nos últimos anos formou en prácticas e insertou laboralmente ao redor de 15 alumnos e alumnas do centro educativo.

Bravo Bosch, acompañada polo director xeral da planta, Juan Lloves, e os responsables de Recursos Humanos e de Formación e Desarrollo, Pilar Barreiro e Rosana Marcos, coñeceu de primeira man o funcionamento da empresa, maior fabricante de compoñentes e sistemas de transmisión de movemento en vehículos.

A representante da Xunta de Galicia en Vigo fixo especial fincapé ao feito de que, nos últimos anos, a empresa acolle en prácticas aos alumnos e alumnas dos cursos formativos para persoas desempregadas que a Consellería de Traballo e Benestar desenvolve no CIFP de Coia. Así, nos últimos anos foron 15 estudantes os que estiveron en formación e, actualmente, un alumno do Ciclo Superior de Mecatrónica do Centro de Coia realiza a súa formación na empresa.

Bravo Bosch quixo amosar así todo o apoio e colaboración da Administración autonómica ao traballo que GKN desenvolve neste sector tan produtivo para a nosa cidade e, en particular, coa formación dos traballadores a través das políticas activas de emprego que a Xunta de Galicia leva a cabo.

Impulso á innovación viguesa

O apoio do Goberno galego á innovación da comarca viguesa ten un papel clave, sobre todo, a través do programa Innterconecta, que está a mobilizar na comarca 55 millóns de euros en apoio a proxectos innovadores.

Estas axudas concrétanse ademais no permanente respaldo aos centros tecnolóxicos e do coñecemento, que actúan como locomotoras da innovación empresarial. Hai que lembrar así o apoio da Xunta de Galicia a Aimen, con máis de 4 millóns para o seu centro de aplicacións láser; o apoio a Anfaco, con máis de 8 millóns para a construción do seu centro tecnolóxico; o respaldo ao proxecto Atlantic, 7 millóns de euros para impulsar a colaboración de Gradiant e a Universidade de Vigo; e o financiamento por parte da Xunta do centro para investigar coches intelixentes do CTAG, un proxecto que supuxo 10 millóns de euros de investimento.

17 de decembro de 2013 | 17:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.