publicidade hoxe

Formación en prevención de riscos laborais en Culleredo para desempregados do sector da construción

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredo
A-
A+

O goberno de Culleredo busca apoiar ás persoas en situación de desemprego, procedentes do sector da construción, nas súas tarefas de procura de traballo. O Concello imparte esta semana unha formación específica, para estas casuísticas, en prevención de riscos laborais. En concreto, a Concellaría de Formación e Emprego está a impartir, desde onte luns e até o vindeiro venres, un curso de prevención de riscos laborais para traballos de demolición e rehabilitación e outro de prevención de riscos laborais dirixido a operarios de impermeabilización. A concelleira de Formación e Emprego, Marta Igrexas, sinala que esta formación pretende dar resposta á demanda recibida por parte tanto de desempregados como de traballadores do sector.

Os participantes dispoñen de experiencia na construción de edificacións, ou ben na realización de reformas e rehabilitacións. Igrexas apunta que o Concello é “sensible” ás principais necesidades dos cidadáns en situación de desemprego e por iso trata de programar accións que se axusten aos seus “principais necesidades”. A edila explica que o Centro Municipal de Formación Pablo Picasso, situado no Burgo, ofrece servizos de orientación laboral e asistencia para os veciños en materia de emprego. A formación deste curso, organizado pola Fundación Laboral da Construción en colaboración co Concello, é a recollida no V Convenio Xeral do Sector da Construción e por tanto é válida a efectos de solicitude do Cartón Profesional da Construción.

10 de decembro de 2013 | 19:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.