publicidade hoxe

Ferrol organiza unha nova edición da gala benéfica de Nadal que destinará o recadado a Cáritas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrol
A-
A+

O Concello de Ferrol, a través da Concellería de Benestar Social que dirixe Rosa Martínez Beceiro, organiza un ano máis a “Gala Benéfica de Nadal”. O espectáculo terá terá lugar o vindeiro venres, día 13, a partir das 20:30 horas no Teatro Jofre. Este acto solidario conta coa colaboración da Confraría de Dolores.

A gala consistirá nun concerto a cargo do grupo ferrolán “Pádel Rock” e o que se recade irá destinado de maneira íntegra a Cáritas Ferrol. As entradas, a un prezo de 5 euros, pódense adquirir a partir de mañá mércores día 4 no despacho do teatro municipal ou a través de internet, na páxina web oficial do Concello de Ferrol: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural).

3 de decembro de 2013 | 19:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.