Ferrol entrega os premios do II concurso de debuxo para escolares de primaria “Que é para ti a inmigración?”

Entrega de premios
A concelleira de Benestar Social e a segunda tenente de alcaldía, Rosa Martínez Beceiro e Susana Martínez Galdós, respectivamente, entregaron esta mañá os premios do II Concurso de debuxo “¿Que é para ti a inmigración?” para nenos e nenas de Educación Primaria dos centros educativos do Concello de Ferrol. A Administración ferrolá convoca este certame con motivo da conmemoración do Día Internacional do Inmigrante, que se celebra hoxe, e está enmarcado dentro do I Plan Local de Inmigración.
O acto de entrega dos galardóns e agasallos aos autores dos debuxos gañadores do concurso desenvolveuse no Salón de Recepcións da Casa Consistorial, e contou coa asistencia de pais e mestres dos escolares. A edil de Benestar Social agradeceu a participación e boa acollida por parte dos centros escolares para a realización deste certame. O concurso “¿Que es para ti a inmigración?” tiña como finalidade que os alumnos reflexionaran sobre a oportunidade e sobre a riqueza que supón a variedade de orixes, etnias, idiomas e culturas, e prever actitude de rexeitamento do diferente. Así, conseguiuse que os debuxos representaran temas relacionados coa convivencia intercultural, así como coas distintas costumes, usos, vestimentas, folclore, etc., das persoas procedentes doutros países.
Premiados
O xurado escolleu as obras gañadoras atendendo aos seguintes criterios: temática, calidade, técnica, composición, creatividade e orixinalidade dos debuxos. Os galardóns consistiron nunha cámara dixital, unha caixa de pinturas e un lote de libros infantís, para os tres primeiros clasificados da primeira categoría do certame. E unha PSP, un MP-4 e uns auriculares para os gañadores da segunda categoría do concurso. Segundo a categoría na que participaron no certame, os gañadores foron:
Na primeira categoría (De 1º a 3º de Primaria)
– 1er. Premio: Itzel Martínez Mera.
– 2º Premio: Andrés Martínez Freirez.
– 3er. Premio: Javier Castiñeira de los Mozos.
Na segunda categoría (De 4º a 6º de Primaria):
– 1er. Premio: Pilar Faraldo Vicario.
– 2º Premio: Isabel Fernández Pérez.
– 3er. Premio: Daniel Ardao Grandal.