publicidade hoxe

Ferrol aproba a adxudicación das obras de pavimentación dos viarios nas vivendas sindicais de Serantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O Goberno Municipal de Ferrol, que preside Jose Manuel Rey Varela, deu esta mañá un paso máis nunha importante actuación urbanística no barrio de Serantes e que responde a unha demanda histórica dos veciños. Así, a Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a adxudicación das obras correspondentes ao proxecto básico e de execución para o remate da pavimentación dos viarios nas vivendas sindicais de Serantes á empresa Obras y Viales de Galicia S.L. (OVIGA). Esta proposta foi a que acadou a mellor puntuación por parte dos técnicos municipais entre catro ofertas que concorreron a este proceso de contratación aberto pola Administración local.

O Executivo local informou á xunta directiva de Serantes do avance desta actuación de mellora da seguridade viaria durante a visita, realizada o pasado mes de outubro, dentro da segunda fase do Plan de Barrios. A empresa adxudicataria do proxecto realizará estas obras de pavimentación dos viarios nas vivendas sindicais por un importe total de 115.000 euros (21% de IVE incluído).

16 de decembro de 2013 | 18:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.