Feridos catro mozos en Gondomar ao chocar dous vehículos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarSucesos
A-
A+
E.P.

Catro mozos resultaron feridos nun accidente de tráfico rexistrado na noite do martes ao colisionar dous vehículos no termo municipal de Gondomar (Pontevedra).

O accidente sucedeu no lugar de Áspera, no municipio de Gondomar, sobre as 22.40 horas da noite do martes, segundo os datos facilitados polo 112.

O 112 recibiu a alerta dos efectivos sanitarios que, ademais, indicaron que os vehículos entorpecían a circulación. O servizo de emerxencias deu aviso á Guardia Civil de Tráfico e ao GES de Val Miñor.

Tamén foi mobilizado o servizo de mantemento da Deputación provincial para a limpeza da vía polos restos do accidente.

O 061, en concreto, segundo indicaron a Europa Press fontes sanitarias, desprazou un médico de Atención Primaria e dúas ambulancias asistenciais que trasladaron ao hospital vigués de Fátima a unha muller de 29 anos e un varón de 34; e ao centro hospitalario Castro Perpetuo Socorro a dous mozos de 21 e 25 anos.

11 de decembro de 2013 | 11:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.