publicidade hoxe

Ferido moi grave un home no concello de Frades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFradesLocalSucesos
A-
A+
Un home de 80 anos, M.C.C., resultou ferido moi grave tras ser atropelado na localidade coruñesa de Frades, segundo informa Urxencias Sanitarias de Galicia.

O accidente produciuse ás 20.48 horas do venres, e o home atropelado foi trasladado de urxencia ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela debido á gravidade do seu estado.

Ao lugar do suceso enviáronse unha ambulancia medicalizada, así como unha asistencial, e tamén se trasladou persoal sanitario do PAC de Ordes (A Coruña).

6 de decembro de 2013 | 12:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.