Feijóo mantén un encontro con Raúl Castro no marco da súa visita institucional a Cuba

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exterior
A-
A+
E.P.

O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reuniuse este sábado co presidente de Cuba, Raúl Castro, no marco da visita institucional que o dirixente galego realiza a illa, segundo informaron a Europa Press fontes do Executivo autonómico.

   Se ben na axenda do presidente galego non figuraba un encontro co presidente do Consello de Estado de Cuba, Raúl Castro, finalmente convocouse nas últimas horas unha reunión entre ambos os dous dirixentes que se celebraba sobre as 18.30 horas deste sábado (hora española).

   Pola súa parte, durante esta xornada, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tiña programado en La Habana unha ofrenda floral en memoria dos galegos falecidos na República de Cuba, así como unha visita a un centro de rehabilitación integral do mal do Alzheimer e unha reunión co arcebispo de Santiago de Cuba e presidente da Conferencia Episcopal de Cuba, Monseñor Dionisio García Ibáñez.

   Este encontro con Raúl Castro chega despois de que o venres Núñez Feijóo se reunise co primeiro vicepresidente cubano, Miguel Díaz-Canel Bermúdez, quen valorou que a visita do mandatario “cun grupo de empresarios galegos abre oportunidades de inversión en Cuba”.

   Na illa, hai case 40.000 residentes galegos, e durante esta viaxe a terra cubanas de Núñez Feijóo as 38 entidades galegas presentes en Cuba asinaron un acordo de unión.

7 de decembro de 2013 | 19:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.