Fecimo da a coñecer os 25 gañadores dos premios da campaña “Exprímea!”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasPontevedra
A-
A+

Onte martes día 10 de decembro realizouse na sede de FECIMO en Cangas o agardado sorteo da campaña EXPRÍMEA! que estivo en funcionamento dende o día 5 de outubro ata o luns día 9 de decembro deste ano. Nesta campaña os clientes tiñan que utilizar a súa “Tarxeta de Fidelización do Morrazo” en 4 establecementos diferentes e participaban así no sorteo de 25 cheques compra de 100 euros, premiando a súa fidelidade co tecido empresarial local. Podían elixir entre as 151 empresas participantes de Bueu, Cangas e Moaña, e conseguir cubrir tantas tarxetas como quixesen, aumentando así a probabilidade de gañar un dos premios.

Ao fin da campaña foron recibidas milleiros de tarxetas das tres localidades, e onte día 10 de decembro ás 21:00h procedeuse ao sorteo aleatorio das 25 tarxetas agraciadas. Os premiados serán contactados por teléfono e terán que pasar polas oficinas de FECIMO en Cangas a recoller o seu cheque-compra por valor de 100 euros.

Este cheque o poderán canxear en calquera empresa asociada. Dende FECIMO dámoslles os nosos parabéns, agardando sexa unha boa axuda para mercar os agasallos de Nadal para a familia. O listado completo de gañadores pode consultarse a través de internet no seguinte enlace: http://www.fecimo.es/images/phocadownload/GANADORES_EXPRIMEA.pdf

11 de decembro de 2013 | 18:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.