Falece un veciño do Corgo ao colisionar o coche sen carné que conducía con outro vehículo
Un veciño do Corgo, de 63 anos, A.D.D., faleceu este luns nun accidente de tráfico ao colisionar o coche sen carné que conducía, marca Aixam, cun turismo Peugeot no quilómetro 9,900 da estrada LU-546, que une Lugo con Sarria.
Diso informou a Garda Civil de Tráfico, que explicou que o accidente consistiu nunha colisión frontolateral entre ambos os dous vehículos.
O condutor do turismo, J.M.R.V., de 28 anos, veciño de Lugo, resultou ileso.