publicidade hoxe

Éxito de público no Concerto de Corais de Oroso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOroso
A-
A+

Gran número de veciños e veciñas de Oroso encheron este sábado o centro cultural de Sigüeiro para asistiren a unha das actividades máis tradicionais do Nadal: o tradicional Concerto de Corais que organizan cada ano a Coral Polifónica Santa Eulalia de Senra e o Concello de Oroso. Durante algo máis de hora e media, a coral polifónica Santa Eulalia de Senra (Oroso), a coral de Santa Cruz de Montaos (Ordes) e a coral polifónica Eumesa (Pontedeume) encheron de música o auditorio do centro cultural orosán.

A próxima cita será o Concerto de Panxoliñas deste venres 27 de decembro, ás 20:30 horas, e o Baile de Nadal para Maiores, o sábado 28 de decembro ás 19:30 horas coa actuación do grupo Glamour. Ambos eventos terán lugar no centro cultural de Sigüeiro.

23 de decembro de 2013 | 18:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.