Éxito de público na primeira xornada do VIII Festival de Maxia de Ames

Instante dunha actuación de maxia
Bertamiráns acolleu hoxe a primeira xornada do VIII Festival de Maxia. Pola mañá impartiuse un obradoiro de maxia que estivo dirixido aos rapaces e rapazas de 8 a 14 anos e para o que se cubriron todas as prazas dispoñibles. Xa pola tarde, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns desenvolveuse a Gala Máxica, na que varios magos nacionais e internacionais fixeron gozar a veciñanza amiense con trucos e ilusións. Ademais, ao longo de todo o día houbo diferentes sesións de maxia na carpa do misterio, que estivo instalada na praza da Maía. Estas mesmas actividades desenvolveranse durante este domingo na praza de Manuel Murguía e na Casa da Cultura do Milladoiro.
A maxia tamén estivo presente nos bares de Ames. A Concellaría de Cultura, en colaboración coa Concellaría de Comercio e Promoción Económica, organizaron o programa Maxia de Preto, no que durante este fin de semana desenvolveranse unha serie de pequenas actuacións e xogos de maxia nalgúns establecementos hostaleiros de Bertamiráns e do Milladoiro. Deste xeito, hoxe houbo sesións de maxia nos bares In Vino Veritas, Don Budi e Coffee (situados en Bertamiráns), en horario de 13:00 a 14:30 horas, mentres que mañá haberá sesións de maxia nos bares Gallaecia, San Sport e Talladas (situados no Milladoiro), tamén en horario de 13:00 a 14:30 horas.
Un ano máis o Concello de Ames organizou unha nova edición do Festival de Maxia que se está desenvolvendo durante esta fin de semana nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro. Esta actividade organizada pola Concellaría de Cultura intenta achegar á cidadanía amiense o espectacular mundo dos magos. Nesta edición participan seis ilusionistas que proceden de diferentes puntos de Galicia, España e mesmo do estranxeiro.
Pola mañá, a programación centrouse no desenvolvemento dun obradoiro de maxia, dirixido a rapaces e rapazas de entre 8 e 14 anos. Xa pola tarde, entre as a maxia tomou as rúas de Bertamiráns coa Carpa do Misterio, unha iniciativa pensada o público de todas as idades. Fixéronse pases cada 30 minutos, polo que ao longo da tarde houbo tres sesións de maxia.
Pero o prato forte do día foi pola tarde coa Gala Máxica que se desenvolveu ás 18:30 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns. Este espectáculo estivo presentado presentada polo mago Karim e contou coa participación de Juan Mayoral, Huang Zheng, Dani Polo e o Mago Sun. Para este pase esgotáronse todas as entradas dispoñibles, rexistrando a Casa da Cultura un cheo absoluto.
Estas mesmas actividades desenvolveranse durante este domingo na praza de Manuel Murguía e na Casa da Cultura do Milladoiro.











