Éxito de participación no festival dos alumnos do CRA de Oroso e nas visitas dos Paxes Reais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOroso
A-
A+

O Programa de Nadal do Concello de Oroso chega ao seu ecuador rexistrando unha importante participación nas súas distintas actividades, sobre todo as destinadas ao público infantil. Así se puido comprobar tanto durante as recentes visitas dos Paxes Reais para recoller as cartas dos nenos e nenas da gardería municipal “A Ulloa” e da gardería “Trastes” como durante o festival que cada ano os alumnos do Centro Rural Agrupado (CRA) de Oroso celebran no centro cultural.

Así mesmo, este xoves unha quincena de cativos, todos eles menores de 10 anos, participaron nunha excursión de balde ás Brañas de Valga (Mesía). Durante toda a mañá, os pequenos coñeceron as instalacións desta aula da natureza e Museo Etnográfico de Mesía, participando en distintas actividades formativas.

Próximas actividades

Para mañá sábado 28 de decembro está programado o Baile de Nadal para a terceira idade, que comezará ás 19:30 horas no centro cultural de Sigüeiro e que contará coa actuación do grupo Glamour. Para o próximo xoves 2 de xaneiro queda a visita do Planeta Móbil, unha cúpula inchable que funciona como un planetario e que está especialmente recomendado para nenos entre 3 e 12 anos. As visitas son totalmente de balde, duran uns 20 minutos e terán lugar no centro cultural de Sigüeiro. Os que non podan participar o xoves 2 e os que desexen repetir a experiencia terán outra oportunidade na mañá do martes 7 de xaneiro.

Finalmente, e antes da cabalgata de Reis, o venres 3 de xaneiro terá lugar a segunda edición do Festival de Aninovo da Aula de Música. A partir das 19:00 horas, os alumnos e alumnas da Aula de Música de Oroso ofrecerán unha demostracións das súas habilidades no centro cultural de Sigüeiro. Entrada libre e de balde.

27 de decembro de 2013 | 18:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.