Éxito absoluto da VIII Festa da Poesía de Edicións Fervenza

Elvira Riveiro e Puri Togariños fan entrega de agasallos aos participantes na Festa da Poesía
Un ano máis a poesía enchoupou, da man de Edicións Fervenza, todos os recunchos da vila da Estrada. Ao redor de 200 persoas, de 5 a 87 anos, recitaron, cantaron, mesmo rapearon, poemas no Teatro Principal da Estrada na “VIII Festa da Poesía”, unha edición que cada ano conta con maior número de participantes e que xa é todo un referente poético en Galicia.
Na primeira parte da Festa, que foi presentada pola profesora de música, Rocío Calviño Cerviño, houbo unha homenaxe ao gaiteiro poeta de Santo André de Souto, Xosé Couceiro Bugallo; asemade, lembrouse a dous ilustres persoeiros membros de Ed. Fervenza, Avelino Pousa Antelo (Presidente de Honra da editorial) e o artista galego, Paco Lareo.
Na segunda parte Elvira Riveiro recibíu o galardón que a acredita como gañadora do Premio de Poesía Avelina Valladares pola súa obra Corpos Transitivos, editada por Edicións Fervenza coa colaboración do Concello da Estrada e Secretaría Xeral de Política Lingüística.
A Agrupación Folclórica “Abrente do Foxo” puxo a música no comezo da Festa, dando paso as palabras do alcalde da Estrada, Xosé López, e do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García, que felicitaron aos organizadores e animoron a todos os particinpantes e asistentes, máis de 400, que encheron o Teatro Principal da Estrada a repetir para o vindeiro ano.
A continuación, ao redor de 200 persoas lerón poemas de todos os autores e estilos, desde Federico García Lorca a Rosalía de Castro, pasando por poetas como Antonio García Teijeiro, Rosalía Morlán ou Xosé Luna.
Todos os participantes foron agasallados cun exemplar do poemario gañador, Corpos transitivos de Elvira Riveiro Tobio e unha litografía creada pola artista estradense Puri Togariños.
A Festa da Poesía que deu comezo as 20,30 h do venres 13 de decembro, rematou despois de máis de dúas intensas horas de poesía.











