publicidade hoxe

Entréganse os títulos da concentración parcelaria de San Xoán de Calo, en Teo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaTeo
A-
A+

O director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, acompañado da delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, entregaron os títulos da concentración parcelaria da zona de San Xoán de Calo, no concello coruñés de Teo.

Con este acto ponse fin á reorganización da propiedade en 1.033 hectáreas, pertencentes a 1.662 propietarios. Así, este proceso posibilitou reducir as 10.884 parcelas existentes inicialmente a tan só 2.663 fincas. O obxectivo é mellorar e modernizar as explotacións agrícolas, crear e mellorar as vías de comunicación e de acceso a novas fincas, axudar a prever os incendios forestais e aumentar o valor da base territorial.

Os traballos realizados na zona concentrada supuxeron un investimento de máis de 2,6 millóns de euros, dos cales a meirande parte corresponden á execución das obras da rede de camiños e ao acondicionamento das fincas. Coa finalización da concentración parcelaria de San Xoán de Calo, o concello de Teo ten preto do 68% do territorio concentrado. Nestes momentos tamén hai outros procesos en marcha neste municipio, que servirán para impulsar o sector agrario.

18 de decembro de 2013 | 13:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.