publicidade hoxe

Entrega de premios do segundo certame “Tapéate Ferrol”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+
Premiados de Tapéate Ferrol

Premiados de Tapéate Ferrol

A concelleira de Turismo do Concello de Ferrol, María del Carmen García Fraga, presidiu hoxe a entrega de premios do certame “Tapéate Ferrol. Outono 2013”, segunda edición desta iniciativa promovida polo Concello de Ferrol, a Deputación Provincial da Coruña e a Asociación de Hostalería de Ferrol e comarca que ten por obxecto contribuír á dinamización da hostalería local e dinamizar as rúas da cidade. Responsables da agrupación empresarial antes dita, así como os locais e os clientes gañadores dos sorteos tamén participaron no acto que tivo lugar na Casa Consistorial de Ferrol.

Estes foron os negocios de hostalería agraciados polo xurado:

– 1º premio de 400 euros: “O Camiño do Inglés”, pola degustación “Touciño nacionalizado italiano”.

– 2º premio de 300 euros: Restaurante “Pisani”, con “Canelón de Outono”.

– 3º premio de 200 euros: “A Pousada das Ánimas”, coa tapa “Bacoriño confitado con puré de pataca e castaña”.

Así mesmo,  o local “O Camiño Inglés” tamén recibiu o Premio Especial do público, de 200 euros.

Clientes

No que atinxe aos agasallos para os clientes, sorteouse un bono turístico de estancia de fin de semana para dúas persoas en casa de turismo rural en Ortegal e Ruta das Algas –a gozar até o 30 de marzo de 2014-. Neste caso, os gañadores foron: María Rey Lugris e Evaristo Vázquez Puentes. Este agasallo para os clientes está valorado en 100 euros.

A edil García Fraga recordou que nesta edición de “Tapéate Ferrol” participaron 24 establecementos de hostalería. “Potenciamos a calidade das tapas e a innovación gastronómica; deixando á elección do xurado as tres tapas gañadoras e querendo tamén que os clientes tiveran a palabra, posto que, en definitiva, son os destinatarios das tapas”. En total, segundo os datos facilitados pola Asociación de Empresarios de Hostalería de Ferrol e comarca servíronse 3.000 tapas durante os once días que durou o evento.

Por último, a titular de Turismo agradeceu o esforzo de todos os hostaleiros participantes, dos que destacou que “traballaron con ilusión nesta iniciativa e todos se merecían un premio, aínda que o mellor premio que poden levar ´çe a aceptación do público”.

17 de decembro de 2013 | 14:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.