Entrega de diplomas do curso de iniciación ao castelán en Tui

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+
Entrega de diplomas

Entrega de diplomas

Esta semana, no Centro de Formación do Concello de Tui, en Guillarei, tivo lugar o acto de entrega de diplomas do Curso de iniciación ó castelán organizado pola Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui, a través da Oficina de atención a inmigrantes e emigrantes retornados.

Neste curso participaron 17 persoas estranxeiras deste municipio, todas homes, e se impartiu do 26 de novembro ó 19 de decembro neste Centro de Formación. Este curso tivo como obxectivos dotar ó alumnado dos recursos comunicativos necesarios para que se desenvolvan en situacións sinxelas da vida cotiá e intercambien información básica, capacitalos para que poidan relacionarse no ámbito público de modo eficiente e favorecer a comprensión da lingua e cultura española para axudar a súa integración e desenvolvemento no entorno no que viven.

Así, entre os contidos do curso pódense sinalar dous bloques: nun tratouse de que adquiriran o vocabulario que lles permita aportar os datos persoais, coñecer o entorno onde vive e empregar os transportes públicos, e outro que tratou temas que tiveron que ver co aprovisionamento de alimentos e roupa, a vivenda e a atención médica.

A concelleira Olga Montes Moldes procedeu á entrega dos diplomas aos participantes neste curso confiando que estas actividades contribúan a súa integración  e a mellorar as súas capacidades persoais.

20 de decembro de 2013 | 18:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.