Entrega das bolsas de estudo para a adquisición de material escolar en Lalín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+
Entrega das axudas ao material escolar

Entrega das axudas ao material escolar

O grupo de goberno decidiu priorizar a atención aos nenos/as de familias en risco de exclusión social e incrementou a partida inicial de 6.985 euros a preto de 18.000 euros, o que permitiu ter como beneficiarias á totalidade das unidades familiares que cumprían coas bases, un total de 99 cun total de 174 menores.

O alcalde de Lalín, José Crespo; a concelleira de Benestar e Emigración, Mª Paz Pérez Asorey, e o edil de Facenda, Manuel Gómez Estévez, entregaron este mediodía na Casa do Concello as bolsas para a adquisición de material escolar a un total de 174 menores de 99 familias, coas que o Concello de Lalín dá cobertura ao 100% das solicitudes -un total de 112- que cumprían os requisitos establecidos nas bases, despois de ampliar a partida inicial de preto de 7.000 euros a case 18.000 euros, o que supón un suplemento de case 11.000 euros, para precisamente garantir cubrir a totalidade das peticións, case triplicando o número de familias beneficiarias respecto ás iniciais.

Desde o grupo de goberno decidiuse priorizar, atendendo que o inicio dun curso académico ten repercusións directas en todas as economías domésticas e familiares e máis naquelas con escasos recursos, que nenos/as de familias desfavorecidas poidan adquirir material escolar para o curso e de aí que se decidise ampliar a partida inicial destinada a este tipo de bolsas en arredor de 11.000 euros -incremento de 250% do orzamento inicial- , o que demostra a especial sensibilidade municipal para coas persoas que máis o precisan. Así, de 35 familias que resultaran beneficiarias cos preto de 7.000 euros iniciais pasouse a 99 -practicamente triplicouse-, e de 67 menores pasouse a un total de 174 menores -2,5 veces máis-.

Esta iniciativa pola que se dá cobertura ao 100% das solicitudes das axudas para estudo forma parte do círculo de compromisos das múltiples iniciativas solidarias e dos programas que o Concello de Lalín ten cara ás familias que máis o precisan, sempre cun carácter socializador e favorecendo a integración social dos/das menores en situación de desaxuste social.

Mediante este programa de axudas do Concello de Lalín para a adquisición de material escolar trátase de evitar desaxustes nas economías familiares máis precarias contribuíndo á adquisición de materiais necesarios para a formación na educación obrigatoria; previr desigualdades sociais dos/das menores derivadas da situación social e económicas das súas familias e previr condicións de marxinación infantil.

18 de decembro de 2013 | 17:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.