Entra na segunda fase o Plan de Illamento Acústico do aeroporto de Alvedro
O alcalde de Culleredo, Xullo Sancristán, participou onte nunha nova reunión da Comisión de seguimento ambiental do aeroporto de Alvedro, encargada de efectuar avaliar a execución do Plan de Illamento Acústico. O Concello de Culleredo traslada nestas reunións as necesidades transmitidas polos veciños para defender ao máximo os seus intereses e lograr as mellores condicións para os residentes da contorna do aeroporto.
Aena informou nesta reunión que iniciará a segunda fase do plan de illamento, un avance que veciños e goberno municipal demandaban para que o ritmo dos traballos de insonorización nas vivendas fose parello á ampliación da pista. Esta segunda fase abarca un total de 1.837 vivendas, correspondentes tanto a casas de carácter unifamiliar como edificios situados no núcleo do Burgo. A novidade desta segunda fase, expuxeron os responsables de Aena, consiste en que seguirá xa o novo sistema de contratación das empresas que realizarán as insonorizaciones, tal e como anunciara o organismo estatal.
Agora, será Aena a que mediante concurso seleccione as empresas, en lugar dos particulares, que até agora as escollían unha vez acometida a medición do nivel de ruído. O Concello de Culleredo informa os veciños afectados que debe esperar a recibir unha carta de Aena na que lle notifica que a súa vivenda necesita medidas correctoras en base ás medicións de ruídos efectuadas. Aena comunicará ao propietario que empresa levará a cabo o correspondente proxecto de insonorización. Para todo o demais, o proceso será o mesmo que até agora. Aena convocou un concurso entre 7 empresas a nivel estatal que resolverá nos próximos días. Unha vez resolto comunicará as empresas seleccionadas. Polo demais, a Comisión acordou a aprobación de dous novos expedientes que necesitan medidas correctoras de illamento acústico. Corresponden a vivendas emprazadas no núcleo de Fontemaior e na rúa Rafael Dieste de Almeiras.
Tamén deu o visto e prace a 5 novos proxectos de insonorización, que corresponden a 5 vivendas, por importe de 39.367,51 euros. Tres sitúanse en Liñares e dous en Almeiras. Igualmente, a Comisión aprobou os pagos correspondentes a 22 expedientes de insonorización, por importe de 197.780,34 euros. Aena informou que nestes momentos están pendentes de conclusión 33 proxectos. O Concello de Culleredo velará por que a execución desta segunda fase, co novo sistema, garanta que se satisfán as necesidades dos veciños afectados. Así mesmo, continuará a disposición dos residentes con obras en marcha para poyt