publicidade hoxe

Empresarios e alcalde abren novas vías para fortalecer o polígono de San Cibrao

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseOurense
A-
A+

O Presidente da Asociación de Empresarios, Elías Mera e o alcalde do Concello de San Cibrao, Pedro Fernández, acordaron abrir novas vías de colaboración para mellorar e ampliar as prestacións comúns, avanzar na aplicación das recentes normativas e desenvolver unha liña de apoio, e promoción ante as distintas administracións do Plan estratéxico do Polígono.

Durante o encontro mantido tras a visita realizada por Pedro Fernández, á Asociación, para interesarse pola situación do recinto empresarial e ser informado as accións previstas, acordouse tamén a creación de equipos estables de traballo, para promover iniciativas conxuntas e efectuar un seguimento regular da situación.

Entre os asuntos tratados, destaca a análise do impacto que terá a posta en marcha da modificación do réxime de usos do Polígono, que permite ademais do industrial, o terciario e de loxística de transporte.  Estas modificacións establecen cambios na regularización e convivencia das empresas, polo que os grupos formados por representantes da Asociación e membros da administración local encargaranse de establecer regulamentos de convivencia e facilitar a xestión do polígono. Esta modificación de usos acompañada da nova redacción do Peri do polígono, suporá unha adecuación á realidade urbanística actual e permitirá o acceso a novas empresas e a novas ramas de actividade dentro do polígono.

Ao termo da reunión, Elías agradeceu o apoio e o interese do alcalde de San Cibrao, ao que instou a seguir participando no desenvolvemento do recinto industrial e co que compartiu a convicción de que “máis que nunca” os empresarios terán o apoio que merece a súa alta responsabilidade e potencialidade para contribuír a afrontar a actual situación de crise.

Pola súa banda, Pedro Fernández, recoñeceu que, a pesar de ser tempos difíciles para todos, “os empresarios son nosa maior garantía para investir a situación e abrir expectativas de mellora”. O alcalde de San Cibrao, reiterou a súa disposición a seguir colaborando e mostrou a súa confianza en que as administracións saberán recoñecer e valorar o esforzo e o traballo do Polígono.

12 de decembro de 2013 | 13:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.