publicidade hoxe

Dúas persoas resultan feridas nun atropelo na Coruña e outras dúas nunha saída de vía en Paderne de Allariz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaPaderne de AllarizSucesos
A-
A+
E.P.

Dúas persoas resultaron feridas nun atropelo rexistrado na mañá deste mércores na cidade da Coruña e outras dúas en saída de vía acontecida en municipio de Paderne de Allariz (Ourense).

O atropelo tivo lugar uns minutos antes das 9.00 horas na rúa Alcalde Liaño Flores, fronte á piscina municipal, na Coruña, segundo os datos facilitados polo 112 a Europa Press.

Foron mobilizados a Policía Local e o 061, que desprazou unha ambulancia asistencial que levou a dúas mulleres ao Hospital Modelo, segundo sinalaron fontes sanitarias.

Mentres, sobre as 8.40 horas sucedeu unha saída de vía na estrada de Paderne de Allariz a Santa Cruz no lugar de Figueiredo, debido ao que foron avisados o 061, Guardia Civil de Tráfico e Protección Civil.

Unha ambulancia asistencial do 061, segundo apuntaron fontes sanitarias, trasladou ao Hospital Cristal a dúas persoas feridas, unha muller duns 38 anos e un menor.

4 de decembro de 2013 | 10:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.