Dous xóvenes son condenados a pagar ao Concello de Vilagarcía os destrozos causados no mobiliario urbano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSucesosVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Concello ven de recibir a comunicación de dúas novas sentencias relativas á denuncias por actos vandálicos e danos infrinxidos ao mobiliario urbano municipal. Dous xulgados diferentes condenan aos respectivos imputados a indemnizar ao Concello o custe dos danos pola reposición dunha sinal de tráfico e dunha papeleira, así como a sumir as custas do proceso. Aínda que non se trata de cifras elevadas, o goberno local avalía moi positivamente os fallos xudiciais que se suman a outros anteriores no mesmo sentido e que confían que teñan efectos disuasorios en que sirvan para concienciar sobre o respecto ao patrimonio público.

A primeira da sentencia refírese a un feito acaecido en maio de 2009, cando Y.P.G. empotrou o vehículo que conducía e do que se apoderara previamente contra unha sinal de tráfico. En materia de responsabilidade civil, o xuíz condenou ao condutor a indemnizar ao Concello con 151,56 euros máis os intereses que correspondan.

O segundo fallo responde a feitos producidos este mesmo ano, en concreto ao 1 de maio de 2013, cando, segundo varias testemuñas, C.L.F utilizou unha cadeira da zona TIR para golpear unha papeleira ata esnaquizala. A denuncia incoada a través do atestado instruído pola Policía Nacional resólvese en materia de responsabilidade civil co mandato xudicial para que C.L.F abone ao Concello os 196,02 euros nos que estaba valorada a papeleira. Aparte, tamén se condena ao acusado a pasar 10 días baixo localización permanente.

3 de decembro de 2013 | 12:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.