Deteñen a un home na Coruña por tentar asfixiar á súa parella e agredir á filla menor de idade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaSucesos
A-
A+

Ás 08.21 hrs. da mañá de onte unha patrulla da Policía Local da Coruña desprazouse á Rolda de Monte Alto debido a que,  segundo unha chamada recibida na Sala do 092, unha muller en estado de gran nerviosismo pedía auxilio manifestando que fora agredida pola súa parella e que tras tirarlle unha xerra de auga fría cando estaba na cama tapáralle a boca cunha man tentando asfixiala. Unha vez no lugar a patrulla foi recibida por unha filla, menor de idade. A agredida  explicou que a súa parella (pai da súa filla menor) arroxáralle unha xerra de auga fría que estaba na neveira  cando estaba deitada na cama e a continuación tapoulle a boca impedíndolle respirar tras o cal a súa filla maior (de 12 anos de idade)  interviñera para tratar de parar a agresión sendo ela á súa vez golpeada na cabeza e agarrada polo pelo, que non era a primeira vez que a agredía pero que nunca o denunciou e que esta vez tampouco pensaba facelo.

Esta muller estaba sentada  nunha cama  e en estado de gran nerviosismo  tamén manifestou que a súa parella lle dixo que se ía a levar á filla de ambos, unha nena de cinco anos, comezando a discutir con ela para, a continuación, producirse os feitos descritos. Os axentes comprobaron así mesmo, á beira da cama, roupa de muller mollada e unhas toallas colocadas na a cama para absorber á auga. Tamén manifestaron que momentos antes da chegada dos policías, o agresor ausentouse do lugar levándose á filla de ambos, de 5 anos de idade.

Estando os axentes  nese domicilio recibiuse unha chamada telefónica dun home que dixo ser o pai do suposto agresor para dicirlle á agredida que estivese tranquila porque a nena estaba con eles e que a achegarían  até o lugar. Outra patrulla achegouse até este último domicilio onde foron informados de que o suposto agresor, tras deixar á nena cos seus pais (avós da nena) marchouse ao seu posto de traballo na rúa Juan Canalejo onde desprazouse a patrulla e procedeu á súa detención, tratándose dun cidadán de 41 anos de idade que foi trasladado ás dependencias policiais.

Ao domicilio da agredida desprazouse unha ambulancia da Cruz Vermella  para atendela. Practícanse dilixencias ao Xulgado de Violencia de Xénero así como constátase a agresión sufrida pola menor.

27 de decembro de 2013 | 16:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.