publicidade hoxe

Descubrimento da placa que da o nome de “Marcos Valcárcel” ao Centro Cultural da Deputación de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+
Descubrimento da placa conmemorativa a Marcos Valcárcel

Descubrimento da placa conmemorativa a Marcos Valcárcel

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e a viúva de Marcos Valcárcel, María José Picouto, descubriron hoxe a placa que da o nome do ilustre escritor e historiador ourensán ao Centro Cultural da Deputación de Ourense, nun acto que tivo lugar ás portas deste espazo expositivo e cultural e que contou ademais coa presenza de familiares e amigos do desaparecido intelectual.

Manuel Baltar lembrou que este é un recoñecemento póstumo ao insigne historiador, escritor e lingüista ourensán, “quen ao longo da súa vida se caracterizou pola súa defensa dos valores culturais e sociais de Galicia, e sinaladamente de Ourense”, e destacou que Marcos Valcárcel “naceu en Ourense, traballou en Ourense, investigou en Ourense e compartiu a súa sapiencia cos ourensáns, nesa permanente bonhomía que era a súa traza de identidade. Pero, por riba de todo, Marcos Valcárcel amaba Ourense”. “Por elo –subliñou Baltar-, que o Centro Cultural da Deputación de Ourense leve o seu nome é unha mostra de gratitude da sociedade ourensá á que tanto amor lle deu en forma de intelectualidade”.

Baltar afirmou que dar o nome de Marcos Valcárcel ao centro cultural “supón unha homenaxe permanente a súa figura e traxectoria, agora que se cumpren tres ano do seu pasamento”, e anunciou que en 2014 lle será outorgada, a título póstumo, a Medalla de Ouro da provincia de Ourense.

5 de decembro de 2013 | 16:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.