Denuncia a un menor de 14 anos da Coruña por suposto caso de violencia doméstica cara a súa nai

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaSucesos
A-
A+

Ás 23.40 horas do día 18, unha dotación policial da Coruña trasladouse a un domicilio da praza Luís Rodríguez Lago con motivo dunha chamada na que se informaba de que unha muller tiña problemas co seu fillo. Unha vez no lugar identificouse á muller, de 38 anos, quen informou que ao longo da tarde discutira co seu fillo menor de idade (de 14 anos), xa que non asistira ao instituto, e que este a ameazou e agrediu agarrándoa e apertándoa polo pescozo tendo que rabuñarlle para defenderse e soltarse, e que tamén lle propinou varias patadas no estómago. Manifesta que esta agresión sucedeu en presenza do seu marido e que este non a defendeu póndose a favor do seu fillo. Resalta que leva anos sufrindo malos tratos do seu fillo e do seu marido aínda que só quere denunciar a agresión do seu fillo pero non ao seu marido.

Tamén informa aos actuantes que no momento da chamada á policía, o marido indicoulle ao seu fillo que abandonase o domicilio, momento no que se dirixiu cara a ela ameazándoa con darlle unha malleira cando se marchase a policía. Ante esta situación a requirente manifesta estar atemorizada, informa o seu desexo de presentar denuncia e de abandonar o seu domicilio e non volver máis, xa que teme que se cumpran as ameazas. Os axentes identificaron ao marido, de 38 anos, quen informa que a súa muller está enferma, que non tomou a medicación, polo que ten uns momentos acougados e outros alterados. Ante a insistencia da requirente de abandonar o domicilio por temor a represalias deuse aviso ao servizo municipal do SEMUS para que se lle buscase unha solución de emerxencia para o aloxamento desa noite. Realizáronse as xestións oportunas para facilitar o acceso a unha casa de acollida de modo temporal.

No momento de trasladar á requirente ás dependencias policiais para realizar a correspondente denuncia, acudiuse no lugar o fillo da mesma, quen ao ser identificado manifestou ante os actuantes que a súa nai estaba tola e que era ela quen lle pegaba. Posteriormente, tras realizar a denuncia do sucedido, quedou aloxada na casa de acollida. Dáse conta dos feitos ao xulgado por si os mesmos puidesen ser constitutivos dun delito de violencia doméstica ou de violencia de xénero.

19 de decembro de 2013 | 16:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.