publicidade hoxe

Dental Macía regala o abono da segunda volta do Santiago Futsal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O Santiago Futsal abre a campaña de abonados da segunda volta con incribles prezos e grandes descontos para os afeccionados. Desde mañá, todos os afeccionados poderán retirar o seu abono para o que resta de tempada 2013/2014, onde o Santiago Futsal recibirá a 8 rivais en Liga, máis play-off en caso de clasificarse.

O club pon a disposición dos seus afeccionados dúas posibilidades para obter a súa carne de abonado para a segunda volta:

– A primeira é a través duns prezos aínda máis reducidos para animar ao equipo nesta recta final da tempada. Acudindo ás oficinas do club, poderás ter o teu carné de abonado aos seguintes prezos segundo categoría:

Adulto: 40€
Reducida (Estudantes < 25 anos; Parados > 6 meses; Xubilados; Carné Xove; Federados; Xogadores da Agrupación de Veteranos): 30€
Xuvenil (de 13 a 18 anos): 15€
Infantil (menores de 13 anos): 5€

– A segunda opción é facéndose o Cartón Dental Macía no seu centro dental en Milladoiro. Todos os que dean de alta este cartón desde mañá mesmo recibirán gratis o seu carné de abonado. O custo da mesma é de 60€ para adultos e de 90€ si trátase dunha familia (pai, nai e nenos menores de 12 anos).  O cartón Dental Macía inclúe un fantástico plan con 30 prestacións que podes consultar na súa web www.dentalmacia.com ou no teléfono 981 52 10 90. O Centro Dental Macía é o 2º centro de referencia en odontoloxía dixital en España, con TAC de última xeración, especializado en cirurxía minimamente invasiva (guiada por computador), ademais de ter o primeiro SPA dental de España. Tan só é necesario achegarse ao Dental Macía (Rúa Agro do Medio, 9 bis., Entreplanta – Locais 12 a 16. Edificio Milladoiro Center, 15895 Milladoiro), facer o teu cartón de Dental Macía dicindo que queres ser abonado do Santiago Futsal, e xunto coa mesma recibirás a túa vale canjeable por un carné de abonado do Santiago Futsal, así de fácil.

O atractivo desta segunda volta radica en que o Santiago Futsal deberá recibir no Multiusos ao tres grandes (FC Barcelona Alusport, Inter Movistar e Elpozo Murcia), ademais de rivais directos como Magna Navarra, Montesinos Jumilla, Peñíscola FS, ao Hospital Llevant Manacor de Tomás de Deus e Carlos Barrón ou aos Colexios Areas Gran Canaria. O calendario que resta é o seguinte*:

J17 – 28/12/13 – Santiago Futsal vs Hospital Llevant Manacor

J19 – 10/01/14 – Santiago Futsal vs FC Barcelona Alusport

J21 – 14/02/14 – Santiago Futsal vs Montesinos Jumilla

J23 – 28/02/14 – Santiago Futsal vs Col. Areas Gran Canaria

J25 – 21/03/14 – Santiago Futsal vs Inter Movistar

J26 – 29/03/14 – Santiago Futsal vs Magna Navarra

J28 – 12/04/14 – Santiago Futsal vs Peñíscola Adegas Dunviro

J30 – 26/04/14 – Santiago Futsal vs Elpozo Murcia

22 de decembro de 2013 | 19:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.