Dani García ofrece un espectáculo de maxia infantil no Teatro Municipal de Tui

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioTui
A-
A+

Un espectáculo infantil é o que chega este venres ao Teatro Municipal de Tui da man de Dani García. A cita será ás 20h para público familiar.

Baixo o título de “Don Gelati no teatro” Dani García presenta unha obra de teatro xestual chea de maxia. O protagonista, Don Gelati, é un vendedor de xeados que co seu carriño-bici, sofre unha serie de contratempos aos que fai fronte con imaxinación, malabares, clown, e tamén co enxeño do público.  A representación dura 60 minutos e vai dirixida a público familiar a partir dos catro anos.

As entradas para este espectáculo están á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 13h ou o venres dende ás 18.30h no despacho de billetes na Área Panorámica ao prezo de 3€ e 2€.

12 de decembro de 2013 | 10:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.