Curso de formación para teletitores en Santiago

Valentín García no curso de teletitores. Foto: C. Paz
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria está a desenvolver estes días un novo curso de formación para teletitores dos cursos de linguaxes específicas do galego que organizan, conxuntamente, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no marco da formación destinada ao persoal das diferentes administracións públicas de Galicia. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, achegouse esta tarde en Santiago a unha das sesións.











