publicidade hoxe

Culleredo oferta tres campus deportivos como alternativas para o lecer en Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredo
A-
A+

O Nadal de Culleredo tamén practicará deporte. O Concello colabora con tres clubs do municipio para lanzar tres campamentos deportivos que ofrecerán aos escolares unha alternativa sa durante as próximas vacacións do Nadal. O campus de balonmán desenvolverase no polideportivo de Tarrío, do 23 de decembro ao 13 de xaneiro, fóra dos festivos e fins de semana, en horario de 9.30 a 14.00 horas cada día. Os rapaces poderán iniciarse neste deporte neste campus que coordina o Club Balonmán Culleredo. Información en balonmanculleredo@gmail.com A actividade de fútbol levará a cabo no campo municipal do Burgo, do 23 ao 31 de decembro, salvo os festivos e fins de semana, en horario de 9.30 a 14.30 horas. O campus está organizado polo Sporting Burgo. Información en www.spburgo.es. A patinaxe artística segue en auxe en Culleredo.

O Club Aura Culleredo dirixe o campus, que comprenderá do 30 de decembro ao 4 de xaneiro, a excepción do día de Ano Novo, en horario de 9.30 a 14.00 horas. Información nos números 649 820 720 e 645 012 786. O concelleiro de Deportes, Miguel Suárez, destaca a “variada oferta deportiva” da que poderán gozar os cullerdenses este ano. O obxectivo, explica, é “propiciar actividades de calidade para a conciliación”. Suárez apunta que os campus pretenden adaptarse aos centros de interese dos nenos e nenas de Culleredo e resalta o traballo dos clubs deportivos que son os organizadores dos campus, coa plena colaboración da Concellaría de Deportes. Ademais destes campamentos, o Concello de Culleredo lanzará un programa deportivo máis extenso, con actividades e torneos puntuais, que será presentado nos próximos días. Haberá tamén unha forte oferta de baloncesto.

10 de decembro de 2013 | 19:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.