Culleredo comeza as obras de reforma do parque infantil de Tarrío

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredo
A-
A+

O Concello de Culleredo comezou onte os traballos de remodelación do parque infantil de Tarrío. Trátase dunha das actuacións programadas polo goberno municipal para mellorar estas infraestruturas, que son utilizadas a diario por decenas de familias do municipio.

O concelleiro de Obras, Narciso Marzoa, explica que neste caso a actuación consiste na instalación dun novo chan de caucho que garanta unha maior seguridade aos pequenos usuarios do parque. Até agora o recinto contaba con chan de area, polo que o goberno local, atendendo as peticións trasladadas polos veciños de Tarrío, decidiu a súa substitución.

As máquinas da empresa adxudicataria han procedido xa a retirada dos xogos infantís e elementos de mobiliario urbano, que serán repostos unha vez colocado o novo chan. Xa se levantou o antigo chan de area de face a preparar o firme e instalar os ferros de caucho.

A realización deste proxecto conta cun orzamento de preto de 10.000 euros, con financiamento da Deputación da Coruña.

Marzoa apunta que o parque infantil de Tarrío, situado no centro do núcleo, xunto ao consultorio médico, concentra cada día aos nenos da contorna ao ser un dos principais espazos para o esparexemento. Por iso, o Concello buscou o financiamento e emprendido a actuación, que estará acabada nas próximas semanas.

Instalación de cubertas en 2014

A modernización dos parques infantís de Culleredo será unha constante en 2014. O proxecto de orzamentos recentemente aprobado contén un ambicioso plan para cubrir parte dos parques infantís e así ampliar o seu horario de uso, especialmente durante o outono e inverno.

O Concello levará a cabo unha primeira fase deste proxecto nos 5 parques con maior afluencia do municipio. Si o resultado é satisfactorio, o goberno local continuará o plan en anos sucesivos cubrindo máis parques.

En 2014, os parques que se cubrirán son:

– Parque infantil da praza de Europa (O Burgo)
– Parque infantil do paseo Tenro Galván (O Burgo)
– Parque infantil de praza da igrexa de Vilaboa
– Parque infantil da Sacra Familia (Vilaboa)
– Parque infantil José Prieto (A Corveira)

Este plan suporá un investimento de 257.000 euros. O goberno de Culleredo decidiu apostar por esta iniciativa para crear así instalacións infantís pioneiras e dar resposta ás necesidades dos veciños.

3 de decembro de 2013 | 20:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.