publicidade hoxe

Culleredo busca pastores e piratas para a cabalgata de Reis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredo
A-
A+

O goberno de Culleredo abre a participación na tradicional cabalgata de Reis aos pequenos do municipio. O Concello busca 40 nenos para asumir o papel de 30 pastorcillos nas carrozas das súas Maxestades de Oriente e de 10 piratas no galeón. Para apuntarse como voluntarios á cabalgata, os pais poden apuntar aos nenos desde mañá, xoves 12 de decembro. Para iso deben chamar, en horario de 16.00 a 19.00 horas, ao teléfono 981 912 120 para deixar os seus datos e os dos pequenos. Poderán formar parte do séquito dos Reis Meigos os nenos e nenas nacidos en 2005, ou anos anteriores, e empadroados en Culleredo. A cabalgata terá lugar o próximo 5 de xaneiro, percorrendo as principais rúas e núcleos do municipio. Os pais terán que asinar a pertinente autorización para a participación dos seus fillos. Ademais, antes da cabalgata, deberán recoller o disfrace de pastor ou de pirata. Ese día recibirán toda a información necesaria para a organización do día 5. Os postos iranse cubrindo por orde de inscrición, até a cota máxima das prazas dispoñibles.

11 de decembro de 2013 | 19:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.