publicidade hoxe

Culleredo ampliará o parque móbil da Policía Local para incrementar os servizos de seguridade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredo
A-
A+

O goberno de Culleredo aposta de forma clara por mellorar os servizos de seguridade cidadá no municipio. Os orzamentos para o exercicio 2014 inclúen a dotación económica necesaria para a ampliación do parque móbil da Policía Local e así incrementar a vixilancia e asistencia ao cidadán.

A Policía Local contará este ano con catro novos turismos que farán os labores de coche patrulla. O Concello sacará a concurso un servizo de renting, que será o que permitirá que a renovación dos vehículos poida chegar a esa alta cifra. Esta medida servirá tanto para aumentar a flota como para actualizala, que nalgúns casos xa o requiría dado a alta quilometraxe acumulaban algunhas unidades. En concreto, dous dos coches actuais serán retirados do parque, polo que o parque verase incrementado con dúas unidades.

Así mesmo, esta acción permitirá contar cun coche camuflado, do que até agora non se dispuña. Servirá para o uso por parte do servizo de paisano recentemente creado tras a autorización da Subdelagación do Goberno. Esta patrulla iniciou o seu traballo nas rúas peonís do Burgo, onde persoas sen identificar depositaban de forma reiterada o lixo na vía, en lugar de usar os colectores, xerando un problema de salubridade para os veciños. A actuación policial serviu para denunciar a tres acodes polos feitos e terminar con a  situación.

Con esta medida, o parque móbil da Policía Local pasará a dispón de 4 coches patrulla, un todoterreo, un coche camuflado e unha furgoneta para ateigados. Ademais, o goberno local ha disposto de consignación económica para adquirir dúas novas motos, vehículos que permiten aos axentes patrullas especialmente nas zonas urbanas, polo que pasará a duplicar o seu número.

O primeiro tenente de alcalde e responsable de Seguridade Cidadá, José Ramón Rioboo, explica que esta ampliación dos vehículos “responde o interese deste goberno municipal por ofrecer os mellores servizos de seguridade cidadá” e para iso, engade, “a Policía Local debe contar con medios modernos que se adapten ás necesidades do municipio”.

Con estes novos coches, o primeiro tenente de alcalde apunta que se reforzará a vixilancia continua polas rúas de Culleredo e a atención directa e rápida ao veciño”. Rioboo destaca que a  furgoneta de ateigados poderá recibir as denuncias dos cidadáns in situ, tratando de ofrecer as “máximas facilidades”.

Estrea de marca

A Policía Local de Culleredo estrea a marca “Culleredo Seguro!!”. Os vehículos xa locen este slogan co que o Concello pretende contribuír á visibilidade e difusión dos servizos de seguridade entre os veciños. O goberno local considera que este tipo de accións axudan a achegar as prestacións da Policía Local ao cidadán, polo que buscou unha frase sinxela e moderna tamén para os mozos. O primeiro tenente de alcalde estivo acompañado do xefe da Policía Local de Culleredo, Ricardo Dovigo, na presentación da marca.

6 de decembro de 2013 | 20:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.